Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ARCEAS LUGO
Juan Carlos Bande gaña o provincial
17/11/2014

Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas

O pasado sábado 15 de novembro disputouse no Tecor Terra Cha, o Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo e coa colaboración da Sociedade Deportiva de Cazadores da Terra Cha.

Ata un total de 23 cazadores se citaron nesta fase provincial na que a intensa choiva marcou o transcurso do campionato. Un campionato no que se produzo un quíntuplo empate a 500 puntos entre os 5 primeiros clasificados.

Foi o cazador Juan Carlos Bande López  o que se fixo co primeiro posto con 500 puntos ao facer a súa entrada en control cunha arcea abatida, converténdose no Campión Provincial deste 2014. Co mesmo número de puntos, o segundo posto era para Francisco Diéguez Sobrado e o terceiro posto ocupábao Francisco Javier López Salvador con tamén 500 puntos.

A estes tres primeiros clasificados acompañaranos Manuel Rodríguez Quiroga e Diego Martínez Gutián, conformando a representación lucense para o vindeiro Campionato Galego de Caza de Arceas que se disputará o vindeiro 22 de novembro en A Coruña.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO GALEGO XABARIL
2025-06-16
Julio Ferradás con “Copy” proclamouse novo Campión Galego de Rastro sobre Xabaril

NACIONAL DE XABARIL
2025-06-13
Tomiño recibe aos mellores cans de rastro sobre xabaril de 2025

PROVINCIAL COMPAK SPORTING CORUÑA
2025-06-09
Cebreiro domina o provincial coruñés de Compak

COMPAK SPORTING OURENSE
2025-06-03
Francisco Javier Villanueva renova o título de campión provincial de compak


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza