Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
AGILITY
Alba Alonso con “Moira” e Carlos Souto con “Hachi”, gañadores da II Copa Federación e do Trofeo Semana Verde de Agility
17/6/2015

Dentro do programa de actividades da Semana Verde incluíuse a celebración da 7ª e 8ª probas da Liga Autonómica de Agility da Federación Galega de Caza. A proba do domingo tivo carácter de Open incluíndo a celebración da II Copa Federación e o Trofeo Semana Verde. A proba organizouna o club de Agility Compostela e nela participaron 36 cans o sábado e 63 cans o domingo. Os resultados foron os seguintes:

Sábado

En grao 1, categoría estándar quedou en primeiro lugar Diego Gómez con Tea, de Agility Compostela; en segundo lugar Mara Ríos con Jack  e en terceiro Roberto Maio con Gala, ambos de Agility Coruña.  En categoría midi-mini a gañadora foi Carla Buela con Chicho de Teocan, o segundo foi Rosa Méndez con Simba, de Agility Compostela e a terceira Veracruz Abelenda con Blass de Teocan.

En grao 2, categoría estándar o gañador foi Julio Freire con Chika, de Agility Patas; en segundo lugar quedou Silvia López con Cata e en terceiro Fernando Estevez con Pepa, ambos de Agility Compostela. En categoría midi-mini gañou José Manuel Montero con Chispa de Agility Coruña, en segundo lugar quedou Antonio Pereiro con Coco, de Teocan e, en terceiro lugar Julio Freire con Peka, de Agility Patas.

Domingo

En grao 1, categoría estándar quedou en primeiro lugar Yago Ricoy con Avar, de Lobos de Naraío,  en segundo lugar María Oreiro con Xala e en terceiro Gerardo Paleo con Seven, ambos de Agility Coruña. En categoría midi-mini o gañador foi Jorge Vázquez con Núa,  o segundo foi Brais Blanco con Pelusa, ambos de Agility Compostela e a terceira Carla Buela con Dober de Teocan.

En grao 2, que tiña carácter de Open e polo tanto participaban cans de diferente nivel competitivo. Na categoría estándar a gañadora foi Alba Alonso con Moira de Agility Compostela, en segundo lugar quedou María Oreiro con Yack e en terceiro lugar Jorge Ramos con  Daxa, ambos de Agility Coruña. En categoría midi-mini gañou Carlos Souto con Hachi, de Teocan; en segundo lugar quedou Julio Freire con Peka de Agility Patas, e en terceiro lugar Laura Ponte con Brus de Teocan.

Os gañadores da proba Open na súa categoría respectiva, Alba Alonso con Moira en estándar (Agility Compostela) e Carlos Souto con Hachi (Teocan) en Midi-Mini foron proclamados campións da II Copa Federación e do Trofeo Semana Verde. Recibiron o premio de mans do Presidente de Semana Verde.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza