Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ARCO LUGO
Arqueiros en Poutomillos
31/5/2016

O pasado domingo 29 de maio tiña lugar unha destacada cita para os arqueiros lucenses, nada menos que a fase provincial do Campionato de Percorridos de Caza con Arco.

Baixo a organización da Federación Galega de Caza en Lugo e coa colaboración do Poutomillos o campo de tiro de “Poutomillos”, acollía a tódolos participantes que dende primeira hora da mañá se enfrontaban a entretidas propostas.

Foi o arqueiro Pedro Ángel Martínez o que se fixo co primeiro posto da clasificación de Arco Asistido ao rematar o percorrido cun total de 166 puntos. Moi preto de Martínez situábase a tan so 7 puntos Ángel Villaverde Balado en segunda posición. Xa no terceiro posto do podio remataba Rafael Nieto Pérez con 141 puntos.

Na modalidade de Arco Tradicional o campionato recaía en Oscar Novás Seijas cun total de 160 puntos. Con 127 puntos e en segunda posición finalizaba Juan Bandeira Autrán. Lee Ramsdale tíñase que conformar co terceiro posto e 125 puntos.

En Junior asistido Jorge Figueroa Vilaboa era o campión con 86 puntos  e en asistido damas a gañadora era Iratxe Guillén Bouzas con 123 puntos, namentres que en tradicional damas impoñíase Marina Oliveira Amedo con 40 puntos.

Na categoría de Long Bow o gañador era Francisco Javier Lesende Fieiriz con 91 puntos. A tan so un punto e en segunda posición remtaba Jacobo Santoro Lorenzo. Frnak Ramsdale era o terceiro clasificado con 80 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS PARADA SOBRE PERDIZ EN MONTAÑA
2025-09-08
“Sar do Coto da Neboa” de Francisco Santiago foi o mellor calificada na Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña

CAMPIONATO GALEGO CANS PARADA
2025-09-01
O setter “Único” de Antonio Vilar e o braco “Iron” de Jaime Aneiros, foron os Campións Galegos da Copa Galicia de Cans de Parada 2025

CAMPIONATOS GALEGOS DE ARCO
2025-08-27
Campións galegos de percorridos e arco o voo

MEMORIAL JOSÉ E MANUEL CEA SEOANE
2025-08-12
Domínguez Treinta gañador do Memorial Cea Seoane de Percorridos de Caza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza