Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE SAN HUBERTO
Antonio Olveira, José Sanmartín e Nicolasa González foron os Campións Galegos en Melide
08/08/2016

O pasado 6 de agosto desputouse no concello coruñés de Melide, a fase autonómica da disciplina de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza coa colaboración da Sociedade de Caza de Melide.

Destacar as altas temperaturas acadadas no transcurso deste autonómico de caza San Huberto que puxo en apretos aos participantes apesares de que os resultados e puntuacións amosaron a calidade e bo facer de cans e cazadores. 

Na categoría Masculina o primeiro posto foi para o cazador Antonio Oliveira co seu can “Dino das Fontiñas” con 92 puntos. Juan José Canosa Vigo con “Zeta da Chousa” situouse no segundo posto con 79 puntos para xa en terceira posición rematar o participante José Sanmartín Pérez con “Goros do lugar Vello” con 68 puntos.

En Damas o primeiro posto era para Nicolasa González Carrodeguas con “Congo” e 64 puntos. O segundo posto da clasficación final foi para Ana Isabel Arbiol Ledesma con “Lista” e 42 puntos e compretou o podio no terceiro caixón a cazadora Sandra Rodríguez Rego con “Don das Fontiñas” e 38 puntos.

Na categoría de Levantadores impúxose o cazador José Sanmartín Pérez con “Pum” e 65 puntos. Na segunda posición remataba Juan José Canosa Vigo con “Thor de Forvelaz” e 62 puntos.  Eloy Rodríguez Martínez con “Bilbo”  era o que se tiña que conformar co terceiro posto con 60 puntos.

Rematada a proba, tivo lugar un xantar e a entrega de premios aos campións por parte das autoridades, directivos da FGC e da Sociedade de Caza anfitriona. 

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO GALEGO XABARIL
2025-06-16
Julio Ferradás con “Copy” proclamouse novo Campión Galego de Rastro sobre Xabaril

NACIONAL DE XABARIL
2025-06-13
Tomiño recibe aos mellores cans de rastro sobre xabaril de 2025

PROVINCIAL COMPAK SPORTING CORUÑA
2025-06-09
Cebreiro domina o provincial coruñés de Compak

COMPAK SPORTING OURENSE
2025-06-03
Francisco Javier Villanueva renova o título de campión provincial de compak


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza