Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COMPAK SPORTING
Daniel Cebreiro imponse no provincial de Pontevedra
15/5/2017

O pasado domingo 14 de maio disputouse en San Andrés de Xeve o Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración do Club de Tiro Río Lérez. 

No campo de Tiro do Club Río Lérez déronse cita un total de 52 tiradores que se disputaron este provincial a 100 pratos en dous campos a dobre volta, ao longo da xornada dominical.

Na categoría xeral absoluta o gañador era o tirador Daniel Cebreiro García con 91 pratos derribados, non sen antes manter un forte pulso con José Manuel Torres Parada quen tamén con 91 pratos foi superado por Cebreiro nun intenso desempate obtendo a medalla de prata. Daniel Domínguez Treinta completaba o podio en terceira posición con 89 pratos e convertíase no Campión Provincial da especialidade. 

Na categoría de veteranos o campión foi José Rodríguez Cameselle con 72 pratos escachados. Juan Garrido Amoedo foi o tirador segundo clasificado con 71 pratos. A un prato de Garrido remataba en terceira posición Jaime Vilas Pereira.

En superveteranos o gañador era Ángel Vidal Conde con 46 pratos escachados por diante de Luis Salmerón Madera que con 45 puntos obtiña a segunda posición.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE RRCC
2025-04-29
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
2025-04-28
O lote de Alfredo Vázquez foi o campión da V Proba de Ceiba do Barbanza sobre xabaril salvaxe

CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
2025-04-21
O lote propiedade do cántabro Damián Gómez foi o campión da quinta edición da proba de lebre

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
2025-04-14
Manuel Piñeiro con “Zidane” gañador en Ferrolterra


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza