30 de novembro de -0001
RAPOSO CORUÑA

O equipo “Os Rapaces” foi o primeiro clasificado

Organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña o pasado 13 de xaneiro disputábase unha das probas máis destacadas de dita Federación provincial polo número de cazadores que congrega. Nesta ocasión máis de 400 cazadores se citaron neste Campionato Provincial de Caza de Raposo.

O mal tempo non amedrentou aos cazadores que desfrutaron dunha dura xornada de caza na que avistaron un número moi elevado de raposos por tódolos equipos participantes.

Foi o equipo “Os Rapaces” o que obtivo o título de Campión Provincial cun total de 1.500 puntos. Co mesmo número de puntos que o campión pero xa para o segundo posto remataba o equipo “Os Intocables” e “O Embudo” conformábase coa terceira posición con 1000 puntos.

A estes tres primeiros clasificados acompañaraos o equipo “A Picota” conformando a selección que representará A Coruña no vindeiro Campionato Galego de Caza de Raposo

Un xantar de confraternidade e a entrega de trofeos por parte das autoridades alí presentes puxo o punto e final a esta edición provincial de Caza de Raposo.

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.