10 de novembro de 2026
GALEGO DE CAZA MENOR CON CAN

O ourensán Jorge Vázquez coa setter “As de Arpefan” proclamouse Campión Galego de Caza Menor con Can en Sandiás

Foi o Tecor de Sandiás o que acolleu esta cita de relevancia do calendario oficial de competicións da Federación Galega de Caza, que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores de dito acoutado.

Todo comezaba o pasado sábado 7 de novembro coa concentración dos 23 cazadores clasificados nas súas respectivas fases provinciais máis o cazador pontevedrés Iván Moure que era o participante encargado de defender o título obtido na pasada edición.

Unha vez aberto o control foron facendo a súa entrada os deportistas e era Jorge Vázquez Iglesias coa súa setter de nome “As de Arpefan” o que obtiña unha puntuación de 1.850 puntos e se convertía no campión desta edición do 2026. José Luis García Álvarez coa mestiza “Xesta” era o segundo clasificado con 1.400 puntos. O bronce era tamén para o ourensán Iván Álvarez Pena coa setter “Suri Raiña Loba” e tamén 1.400 puntos.  

Estes tres cazadores que conforman o podio do Autonómico de Caza Menor con Can do 2026 representarán a nosa comunidade na Semifinal Norte do Campionato de España de Caza Menor con Can.

O participante Artemio Formoso Barro coa setter “Xana” era o campión na categoría de Adaptado e tamén representará a Galicia no Nacional da especialidade.

Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para O Deporte, Proyecta Galicia, Axencia Touceda, Mutuasport e Arion.

Patrocinado por

Deporte Galego Mutuasport Arion Proxecta Galicia Touceda

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.