Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PAXARILES CORUÑA
Os mellores cantos provinciais déronse cita en Rio Seco
07/05/2018

O pasado 5 de maio disputouse no Campo de Fútbol Río Seco de Narón, unha edición máis da fase provincial de A Coruña de Paxariles que contou coa organización da Federación Galega de Caza en A Coruña e coa colaboración da Sociedade Ornitolóxica de A Faisca.

A maña transcorreu sen imprevistos e os diferentes paxaros cantores foron emitindo os seus cantos para o goce do resto de participantes e público alí presente.

Rematada a proba a clasificación final nas diferentes categorías resultou como segue a continuación:

Na categoría de Liñaceiro a campioa foi Mª Ángeles Pérez Arcos cun total de 44 puntos. Miguel Ángel Ares Ares acadaba o segundo con 34 puntos namentres que o terceiro posto era para María Aurora Rio Pico con 32 puntos.

En Xílgaro, o primeiro posto era para María Aurora Rio Pico con 80 puntos. Con 78 puntos e en segunda posición remataba Mª del Pilar Beltrán Blanco. E xa en terceira posición situábase Camilo Taboada Piñeiro con 68 puntos.

En Verderolo o primeiro posto era para Jonathan Crego González con 48 puntos. Con 19 puntos Pedro Fernández Jiménez era o subcampión namentres que Jonathan Crego González acadaba o terceiro posto con 18 puntos.

Miguel Ángel Ares Ares en Mixto de Liñaceiro facíase co primeiro posto da clasificación xeral con 45 puntos. Mª Ángeles Pérez Arcos conformábase co segundo posto 18 puntos. A tan so un punto do segundo clasificado, o bronce era para Aurelio Seijas Blanco.

Na categoría de Mixto de Xílgaro o campión era Ramón Lago Castro con 107 puntos. José Luis Gándara Conde acadaba o subcampionato con 96 puntos. Con 94 puntos e en terceira posición remataba José Sanjuan Maceiras.

E xa para rematar, en Mixto de Verderolo o campión era Pedro Fernández Jiménez con 39 puntos e o subcampión Jacobo Romero Gómez con 15 puntos. Pedro Fernández Jiménez tamén acadaba o bronce con 3 puntos. 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza