Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE CETRERÍA
Ignacio Orge e Ramón Ferreiro en Baixo Voo e Oscar López en Sky Trial foron os Campións Galegos en Ordes
09/11/2018

O pasado 26, 27 e 28 de outubro desputouse o XVII Campionato Galego de Cetrería no concello coruñés de Ordes, concretamente no Mesón do Vento. Un campionato organizado pola Federación Galega de Caza e a Asociación Galega de Cetrería, contando coa colaboración da Sociedade Deportiva “O Gatillo” e o concello de Ordes.

Baixo unhas condicións climáticas moi pouco propicias e que obrigou nalgúns momentos a interromper o voo das aves rapaces, na derradeira fin de semana do mes de outubro desputábase unha edición máis do autonómico de cetrería.

Apesares da climatoloxía adversa, os Harris, Falcóns e azores, perfectamente adestrados polos cetreiros inscritos, demostraron as súas cualidades á hora de cazar en pleno voo.

Sky Trial

Na modalidade de Sky Trial ou altanería, repetíase o mesmo pódium e nas mesmas posicións que na edición anterior, recaendo novamente o título de Campión Galego en Oscar López, o subcampionato era para Juan Barcala e o terceiro posto do podio era para Dolores Rodríguez.

Baixo Voo

Na modalidade de Baixo Voo a participación foi moito máis alta.

Na categoría de Azores o Campión Galego era Ignacio Orge. Evaristo González facíase co segundo posto da clasificación xeral. O bronce era para Víctor Pérez.

En Harris o campión era Ramón Ferreiro seguido en segunda posición por Héctor Fernández. O terceiro posto era para o cetreiro Víctor Pérez.

X Copa Pequenas Aves

Na categoría de Pequenas Aves resultaba gañadora Laura Vázquez.  O segundo clasificado era Evaristo González e xa en terceira posición repetía a cetreira Laura Vázquez.

Exposicións de aves rapaces, proxeccións de videos, etc. fixo que Ordes fora o epicentro da cetrería. A cerimonía de proclamación “Cetreiros do Camiño” e a entrega de premios, na que estiveron presentes diferentes autoridades, puxo o punto e final a este autonómico.  

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza