Rafael Rodríguez e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello

O pasado 12 de setembro, desputábase unha edición máis do Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro sobre Coello “Xunta de Galicia”. Proba que trascorreu nos terreos dos Tecores “Urogallo” e “Xubia” sendo organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña en colaboración coa Sociedade de Caza Urogallo de Ferrol e a Sociedade de Caza Xubia de Fene e Narón.
Cunha alta inscrición de 80 cans participantes correspondentes a 20 lotes comenzaba este campionato no que os participantes realizaron prestacións de calidade apesares das esixentes condicións climáticas reinantes.
A proba estivo dirixida por Secundino Carballo e actuaron como xuíces: Oscar Esparís, José María Álvarez, Alfonso Collazo, Francisco Vázquez e Oscar Miguel Caamaño.
Foi o lote propiedade de Rafael Rodríguez Ures o que acadaba o título provincial participando cos beagles “Moro, Nei, Nico e Nani” e obtendo un total de 475 puntos. O subcampionato recaía en Daniel Bouzas Vázquez participando cos cans “Rex, Sky, Atos e Tresor” e 467 puntos. O terceiro posto, con 461 puntos, era para o lote propiedade de José Javier Suárez Rama cos seguintes cans “Ventín, Timba, Tana e Vieta”.

O beagle de nome “Moro” propiedade do campión Rafael Rodríguez Ures foi premiado como “Mellor Can da Proba” con 130 puntos.
Este Campionato Provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Axencia Touceda, Arion e Mutuasport.
Patrocinado por