Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NACIONAL DE XABARIL SALVAXE
Galicia domina no Nacional de Xabaril Salvaxe
23/06/2024

II Campionato de España de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril Salvaxe – II Copa España Xuvenil e I Copa de España Feminina

Ao igual que aconteceu no pasado ano, Galicia acolleu o II Campionato de España de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril Salvaxe. Nesta ocasión a cita estrela dos monteiros nacionais trasladouse a terras do Barbanza e contou coa organización da Real Federación Española de Caza e a Federación Galega de Caza.

Nesta edición voltouse tamén a desputar a II Copa de España para Xuveniles e, como novidade, tamén tivo lugar a I Copa de España Feminina da especialidade. 

Dodro, Rianxo, Boiro e Pobra do Caramiñal foron os terreos que acolleron esta proba nacional que contou con 40 monteiros na categoría absoluta, 13 na copa xuvenil e 7 na copa feminina.

O venres 21 de xuño, ás 20:30 horas, tiña lugar no Pazo de Rianxiño, sito no concello de Rianxo, o acto de inauguración do campionato, a recepción de participantes e a entrega de dorsais.

Coas primeiras luces do día, o sábado día 22, un equipo de rastrexados e guías realizaban a esencial e vital tarefa da búsqueda de rastros do porco bravo para poñelos a disposición dos participantes. Temos que destacar este intenso traballo realizado durante moitas xornadas previas para que o número de rastros fose máis que suficientes para que participasen os máis de 60 monteiros e monteiras. Esto foi posible grazas ao equipo capitaneado maxistralmente por Tito Tarela o cal foi unha peza clave no posterior éxito da proba.

Ás 9:30 horas os monteiros, cans, xuíces e guías trasladáronse aos seus respectivos campos para dar comenzo á competición. Na categoría absoluta os monteiros dividíronse en 5 campos para desputar a fase clasificatoria e os xuveniles e donas dispuxeron de cadanseu campo para competir por esa Copa España.

Para a desputa da final absoluta a organización, co Delegado Nacional Oscar Meijide ao fronte, tivo a ben clasificar os dous mellores monteiros de cada campo, sendo os seguintes: 

Campo A: Francisco Rodríguez con “Botas” e Fermín Goizueta con “Xana”

Campo B: Francisco Gómez con “Lima” e Jesús Cossio con “Chulo”

Campo C: José María Portela con “Ful” e Jonathan Arnaiz con “Man”

Campo D: José Ramón Rivas con “Perla” e Joaquín Ferreira con “Nei”

Campo E: José Remis con “Duje” e Alfonso Martínez con “Jara”

Xa nas horas centrais do día desputouse esa reñida final que deu como gañador ao galego Francisco Rodríguez López con “Botas” acadando unha calificación de 249,5 puntos e converténdose no campión do II Campionato de España de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabril Salvaxe.

A prata tamén quedou en Galicia da man do monteiro José Ramón Rivas Vidal e “Perla” cunha puntuación de 220 puntos. O bronce foi para a veciña Asturias grazas á participación de José Remis Gonzalvo con “Duje” e 216,5 puntos.

O cántabro Jonathan Arnaiz con “Man”, campión da edición anterior, tivo que conformarse coa cuarta posición e o tamén cántabro Alfonso Martínez con “Jara” foi o quinto clasificado.

Os dous primeiros postos da II Copa España Xuvenil tamén se quedaron en Galicia. Hugo Caruncho Martínez con “Pulga” foi o campión desta segunda Copa España cunha calificación de 253 puntos. A plata foi para Brais Gómez Sabín con “Chanclas” e 250 puntos. O pequeno monteiro Asturiano, Jade Canedo Pérez con “Nel” obtivo o bronce. Os anteriormente citados foron os rapaces que mellor calificación obtiveron pero estes foron os restantes campións: Erik Iglesias, Leire Pernía, Alejandra Arnoso, Iyan Canedo, Rubén Diego, Samuel Fernández, Brais Paz, Guzmán Martínez, Salvador Álvarez e Óscar Fernández.

As monteiras galegas tamén quixeron deixar na nosa terra a I Copa Feminina de Xabaril Salvaxe grazas a campiona Silvia Pereira Zas que participando coa grifona de nome “Vasca” e obtivo o primeiro posto con 195 puntos. A monteira cántabra Rosa Neira Carbia con “Tere” e 183 puntos foi a segunda clasficada. O bronce foi para a monteira galega Iris Tarela Loureiro con “Copito” e 181 puntos.

Multitude de instántaneas para o recordo e a entrega de premios puxeron o punto e final a este Campionato de España de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril Salvaxe no cal o Delegado Nacional, Oscar Meijide, deu unhas verbas de agradecemento a toda a organización, concellos, participantes, guías, rastrexadores e patrocinadores, facendo mención especial a Remanso pola súa implicación neste campionato nacional.

Dende a FGC queremos dar a noraboa a todos os monteiros galegos polo nivel amosado levando a Galicia, unha vez máis, ao máis alto.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AUTONÓMICO FIELD TARGET
15/07/2024
Os mellores tiradores de Field Target desputaron o Autonómico en As Pontes

PROBA COPA GALICIA RASTRO XABARIL
10/07/2024
Julio Ferradás con “Copi” gañadores en A Lama

SAN HUBERTO MANUEL REBORDELO
10/07/2024
Edelmiro Leira con “Nilo” gañadores nas Pontes

CAMPIONATO ESPAÑA RASTRO XABARIL
01/07/2024
Antonio Sánchez con “Chico” campións de España de Rastro de Xabaril


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza