Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Descargar en PDF Imprimir
OBSERVATORIO DA CAZA
O presidente da Federación Galega de Caza, acompañado do Director Xeral de Conservación da Natureza presentaron o I Estudo Socioeconómico sobre a Caza e o perfil do Cazador en Galicia
14/10/2009

O Presidente da Federación Galega de Caza, José María Gómez Cortón e o Director Xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García Borregón, presentaron na sede federativa, en Santiago de Compostela, o I Estudo socioeconómico sobre a caza e o perfil do cazador en Galicia, único das suas características realizado en España.

O estudo realizado pola empresa demoscópica Ecométrica Investigación Social, foi encargado polo Observatorio da Caza da Federación Galega de Caza, que contou co asesoramento do profesor Federico Martín da Facultade de Económicas da U.D.C. e coa colaboración da Consellería do Medio Rural. A investigación tiña por obxectivo achegarse e coñecer a realidade da actividade cinexética dende unha perspectiva socioeconómica baseada principalmente no perfil do cazador galego e na cifra de negocio que manexa o sector.

A técnica de investigación baseouse na utilización dunha enquisa –cuestionario con 88 preguntas de tipo pechado- como elemento directo de recollida de datos, así como a través de entrevistas abertas a expertos en cuestións cinexéticas, e de datos recabados de forma directa nos lugares de oferta dos productos e servizos relacionados coa caza.

No traballo púxose de manifesto que a caza xenera un volume de negocio superior aos 94 millóns e medio de euros anuais, semllante á cifra de negocio que move o sector vitivinícola en Galicia, un dos sectores agrarios máis puxantes e en expansión da Comunidade. Estas cifras amosan que a caza social, ademáis dos valores propios da sua actividade, xenera un importante movemento económico. Na Comunidade Galega exercen a práctica cinexética uns 55.000 cazadores, dos cales máis de 10.000 (19%) tamén cazan fora de Galicia. O gasto medio por cazador e ano é de 1.745 euros.

Outro dato non menos importante que revela o estudo e que, a pesares da crise económica que está a sufrir a sociedade, só o 6,6% dos cazadores galegos están en situación de parado, mentres que o 69,3% dos cazadores son traballadores en activo. Deles o 40,2% traballan por conta propia e o 61,8% son traballadores conta allea. A renta familiar do 46% dos cazadores sitúase entre os 1.500 e os 2.500 euros mensuais.

O maior número de cazadores galegos (77,8%) está entre os 30 e os 64 anos, pero ponse de manifesto a pervivencia da actividade entre os maiores, a diferencia de outros deportes que requiren dunha maior forma física, a caza é unha actividade que seguen a practicar o 14,2% das persoas que superan os 65 anos, e non menos importante é a incorporación dos xóvenes, uns 4.335 de entre os 17 e os 29 anos. Significativo é tamén que o 58,4% dos deportistas cinexéticos non practican ningunha outra actividade deportiva.

O estudo constata que a caza en Galicia é unha actividade social, o 98% dos cazadores son socios de algún Tecor (coto de caza), o 19% cazan tamén noutras comunidades autónomas do estado e preto de 1000 galegos practican a caza internacional.

Segundo o estudo, a caza supón unha práctica deportiva cunha elevada participación e aceptación fundamentalmente no medio rural, onde residen o 72,4% dos cazadores e teñen relación directa co rural un 92,9%.

En xeral os deportistas cinexéticos están ben informados, acostuman a mellorar os seus coñecementos e informarse a través de revistas cinexéticas (96,2%), programas televisivos sobre a caza (89,4%), libros especializados (64,6%), seguen programas radiofónicos (50%), mentres que o 23,4% ponse ao dia a través da páxina web da Federación Galega de Caza, e o 26,3% asiste a cursos e xornadas formativas sobre a actividade.

Prema aquí para ver un resumo deste estudio

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza