26 de outubro de 2026
CAZA MENOR LUGO

Antonio González con “Una de Pasarín” acada o provincial lucense en Terra Chá

O Tecor Terra Chá acollía a fase provincial de Lugo de Caza Menor con Can “Xunta de Galicia” no cal resultou gañador Antonio González Álvarez coa pointer “Una de Pasarín”.

Dita proba estivo organizada pola Federación Galega de Caza de Lugo e desenrolouse, o pasado sábado 24 de outubro, nos montes do Tecor Terra Chá, gracias ao Societario Terra Chá que colaborou coa FGC de Lugo na organización de dito campionato.

A xornada comenzou cunha climatoloxía favorable para a caza e os participantes desfrutaron de moitos lances ás patirroxas con maior ou menor fortuna pero sendo a deportividade e a camaradería a nota destacable deste campionato.  

Con 1.650 puntos Antonio González Álvarez era o que obtiña a mellor puntuación e proclamábase campión provincial coa pointer “Una de Pasarín”. En segunda posición con 1.100 puntos remataba Juan Carlos Rodríguez González co setter “Fofito”. David González Revaldería coa setter inglés “Isa do Volteiro” acadaba a terceira posición cunha puntuación de 1.100 puntos.

Os cazadores Bernardo Traseira Rois e Rogelio Gómez Rodríguez, xunto cos tres primeiros clasificados, conforman a selección lucense para o vindeiro campionato autonómico da especialidade.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Axencia Touceda e Arion.

Galería de fotos

Patrocinado por

Deporte Galego Mutuasport Arion Proxecta Galicia Touceda

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.