Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Descargar en PDF Imprimir
COMPAK SPORTING
Antonio Iglesias Otero foi o gañador do Campionato Galego de Compak Sporting
25/5/2010

O pasado 23 de maio disputábase no Campo de tiro “Rio Sar” en Vilouchada - Chaián, Trazo (A Coruña) o Campionato Galego de Compak Sporting, organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Deportiva “Rio Sar”.

A proba, que contaba cos tiradores clasificados dos seus respectivos Campionatos Provinciais, disputábase a 150 pratos.

O gañador absoluto da proba e Campión Galego foi Antonio Iglesias Otero, da provincia de A Coruña, que escachaba 138 pratos. O segundo clasificado e subcampión foi Martín Baqueiro Villafines, da provincia de Pontevedra, que escachaba 130 pratos. O terceiro posto absoluto era para José Luis Sánchez Mancebo, que remataba a proba con 128 pratos escachados.

Por categorías, o gañador en seniors era o propio Antonio Iglesias Otero. En juniors o campión foi Manuel Garrido Brito, da provincia de Pontevedra, ao escachar 103 pratos. En veteranos vencía Emilio López Mosquera, da provincia de A Coruña, quen escachaba 111 pratos, mentres que en superveteranos gañaba Angel Mosquera Rodríguez, tamén da provincia de A Coruña que escachaba 107 pratos. Por último na categoría de donas a gañadora era Josefa Mariño Estévez, da provincia de Pontevdra, con 84 pratos escachados.         

Pos Tirador Cat Prov Pratos
Antonio Iglesias Otero S CO 138
Martín Baqueiro Villafines S PO 130
José Luis Sánchez Mancebo S CO 128
Daniel Debreiro García S CO 123
David Seoane Viaño S CO 121
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AUTONÓMICO DE PERCORRIDOS DE CAZA
20/05/2024
Torres Parada gañador do Autonómico de Percorridos de Caza en Río Sar

PROVINCIAL PONTEVEDRA XABARIL
20/05/2024
Antonio Sánchez con “Chico” campión provincial e Michael Otero con “Chacho” campión da proba

PROBA PUNTUABLE COPA GALICIA
20/05/2024
Antonio Sánchez con “Chico” gañadores no Corgo

PROVINCIAL CORUÑA XABARIL
13/05/2024
Francisco Rodeiro con “Pistolas” foi o campión provincial e Maikel Otero con “Chacho” o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza