Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS RASTRO XABARIL
Gerardo Álvarez, Campión Provincial de Pontevedra
20/4/2011

Juan José Fernández Vecino foi o gañador da proba

O Tecor da Sociedade de Caza de Vila de Cruces acollía o pasado sábado 16 de abril unha nova edición do Campionato Provincial de Cans de Rastro Atrelados, na modalidade de Xabaril, puntuable para a Copa Galicia da modalidade.

Organizada pola Sociedade de Caza de Vila de Cruces, en colaboración coa Federación Galega de Caza en Pontevedra, a proba contou cun total de 37 monteiros chegados de toda Galicia, que participaron cun total de 44 cans.

As excelentes condicións climatolóxicas propiciaron unha competida proba, que rematou co lucense Juan José Fernández Vecino como gañador, ao acadar o seu can “Bruno” (Bruno de Jara), 226,5 Puntos. O segundo clasificado, e Campión Provincial foi Gerardo Álvarez Villaverde, da Sociedade do Barro, que con “Moro” (Mestizo) acadou 224 puntos. O terceiro posto da proba foi para o participante da provincia da Coruña José M. Barreiro Rivadas, con “Brus” (Cruce de sabueso), que rematou a proba con 218 puntos.

Representarán á provincia de Pontevedra, no vindeiro Campionato Galego de Cans de Rastro de Xabaril, os seguintes monteiros: Gerardo Álvarez Villaverde, Álvaro Fontenla Filgueira, Francisco Javier Rodeiro Eiras, Antonio Espiño García, Antonio Sánchez Sesto, Enrique Argibay Abilleira, Manuel Rodeiro Louzao, Miguel Feijoo Crespo, Victorino Resua Rego e Oscar Alvela Durán.
 

GALERIA DE FOTOS:

Campionato Provincial de Pontevedra de Rastro de Xabaril 2011
 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza