Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COMPAK SPORTING PONTEVEDRA
Martín Baqueiro proclámase campión provincial en Xinzo
9/6/2011

A proba disputouse no Campo de Tiro “Eido Dalbo”

O pasado 5 de xuño tivo lugar en Xinzo – Ponteareas (Pontevedra) o XII Campionato Provincial de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza de Pontevedra en colaboración coa Sociedade “Club de Tiro Eido Dalbo”.

As instalacións do Campo de Tiro “Eido Baldo” acolleron esta cita provincial disputada sobre 100 pratos e baixo o arbitraxe de Moises Balboa Pereira e César Tosar Martínez.

A hora de escachar o maior número de pratos, foi Martín Baqueiro Villafines o que na categoría xeral absoluta e seniors o que con 96 pratos derribados acadaba o primeiro posto converténdose deste xeito no novo campión provincial da modalidade. A tan so dous pratos de Martín, situábase no segundo posto Roberto Rodríguez Fernández e xa en terceira posición e con 91 pratos escachados clasificábase o tamén pontevedrés Gabino Villamor Vázquez.
Na categoría de xuvenís o campión foi o xoven tirador Manuel Garrido Brito con 76 pratos escachados.

En veteranos, o primeiro posto era para o ourensán Jose María González Rodríguez con 82 pratos derribados.

Na categoría de superveteranos, foi Miguel Blanco Álvarez o gañador cun total de 58 pratos escachados.
 

GALERIA DE FOTOS:

Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting 2011
 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO GALEGO XABARIL
2025-06-16
Julio Ferradás con “Copy” proclamouse novo Campión Galego de Rastro sobre Xabaril

NACIONAL DE XABARIL
2025-06-13
Tomiño recibe aos mellores cans de rastro sobre xabaril de 2025

PROVINCIAL COMPAK SPORTING CORUÑA
2025-06-09
Cebreiro domina o provincial coruñés de Compak

COMPAK SPORTING OURENSE
2025-06-03
Francisco Javier Villanueva renova o título de campión provincial de compak


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza