Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SAN HUBERTO PONTEVEDRA
Carlos Lalín adxudícase en Tomiño o provincial
13/7/2011

Na xornada dominical do día 10 de xullo, disputouse no Tecor da Sociedade de Cazadores A Tomiñesa, a edición XXV do Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración con dita Sociedade de Caza.

A proba foi transcorrendo sen incidentes e os 21 participantes cos seus respectivos cans poideron disfrutar dunha excelente xornada da modalidade de caza San Huberto.

José Moure Caneda, Antonio González Álvarez e Santiago Saavedra Cuiña foron os encargados de xulgar esta vintecinco edición na que o cazador Carlos Lalín Ferreiroa co seu pointer “Koka” obtivo o primeiro posto da clasificación masculina cun total de 59 puntos. Por detrás del, José Ramón Zamora Lorenzo acadou o subcampionato con “Back” un setter inglés co que sumou 55 puntos. Xa no derradeiro caixón situouse José Luís Tarrío Prieto co setter inglés “Yellow”.

Na clasificación feminina a gañadora foi Rocío Lede Marió con “Sol” e na categoría de Springels o primeiro posto foi para David Andrew Howatson con “Furud” e 77 puntos.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE RRCC
2025-04-29
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
2025-04-28
O lote de Alfredo Vázquez foi o campión da V Proba de Ceiba do Barbanza sobre xabaril salvaxe

CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
2025-04-21
O lote propiedade do cántabro Damián Gómez foi o campión da quinta edición da proba de lebre

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
2025-04-14
Manuel Piñeiro con “Zidane” gañador en Ferrolterra


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza