Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
TROFEO INTERNACIONAL FERROL
Carlos Lalín e Miguel Fornel foron os gañadores en San Huberto nas modalidades de Cans de Mostra e Levantadores; Pedro Ramos e Julián González en Rastro de Xabaril e Coello, respectivamente
7/8/2011

Homenaxe a Andrés R. Ferreño

Os pasado fin de seman, desputouse a VI edición do Trofeo Internacional Cidade de Ferrol organizado pola Sociedade de Caza e Pesca Urogallo de Ferrol, que contaba coas probas de San Huberto, Rastro de Coello e Rastro de Xabaril.

As probas de San Huberto, leváronse a cabo na xornada do sábado nos montes de Brión e ne las participaron en torno a 40 deportistas repartidos en 4 baterías, tres de razas de cans de mostra (Británicas e Continentais) e unha de razas levantadoras (Spaniels).

Nesta edición xuzgaron a proba: Marcial Ramil Hermida,  Pedro Varela Abeledo e David Romero Albores, as baterías de cans de mostra e a batería de Spaniels (levantadores) xuzgouna Manuel Rebordelo Maira. Ditos xuíces, ao final do barrage da proba, decidiron que: o galego Carlos Lalín e a P.H. Koka da Chousa cun recorrido excepcional se proclamara gañador desta edición, seguido do ferrolano José Sanmartín coa P.H. Ja da Chousa, en terceiro lugar clasificouse outro ferrolán, Eliseo Faraldo con P.M. Ario da Chousa.

Na Modalidade de Spaniels, o madrileño Miguel Fornel clasificouse en primeiro lugar, seguido do cazador vallisoletano José del Río e xa en terceiro lugar situouse o cazador da Federación Madrileña Francisco López Hernández.

Ao término da proba, houbo unha comida de irmandade e acontinuación procedeuse a entrega de trofeos. Na clausura do acto procedeuse a rendir homenaxe a: Andrés R. Ferreño, home entrañable, gran deportista e excelente compañero.
  
As probas de rastro celebraronse o pasado domingo nos montes de O Pieiro e Brión, o día tremendamente caluroso puxo a proba a todos os cans participantes nestas probas.

Na proba de Rastro de Coello participaron un total de 80 cans divididos en lotes de catro cos seus respectivos conductores e axudantes. A elevada densidade de coello que habita nestes intres o Tecor de Urogallo fixo que todos os lotes participantes desfrutaran de numerosas oportunidades.

A proba foi zuzgada por Isabel Negreira, José Mª Álvarez Villar, Silverio Liñares, Alejandro González e José R. Barreiro que ao final da mesma decidieron a siguiente clasificación:
1º Julio González cun lote de Petit Grif. Vendeen: Fara, Ainoa, Blas e Cuquito
2º Jaime López cun lote de beagles: Lua, Jara, Alfa e Tina
3º Pablo Cambón cun lote de beagles: Clio de Montemayor, Mac de Suso, Vela de Montemayor e Risco de Montemayor

Sobre un esceario limítrofe e de forma simultánea, desputábase nos montes de Brión, a proba de Rastro de Xabaril. Xuzgaron a proba: José Manuel Pita Santalla  e Saturnino Yáñez Rubido. Desputada a fase final decidieron que: Pedro Ramos co seu mestizo: Faico se proclamase gañador da proba, en segundo lugar clasificouse Albero Arnoso co mestizo: Chino e xa en terceira posición situouse Isidro Novo co mestizo: Café.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza