As Xuventudes pola Caza dan luz o relevo xeracional no Tecor Terra Chá

Na pasada fin de semana, unha treintena de xóvenes cazadores chegados dende diferentes puntos da xeografía galega e doutras comunidades autónomas compartiron toda unha experiencia cinexética.
Un evento organizado polo colectivo “Xuventudes pola Caza” e coa colaboración da Federación Galega de Caza e o Societario de Cazadores Terra Chá que tiña como finalidade a convivencia en torno a actividade cinexética.
Todo comenzaba o venres 18 de setembro ás 20:30 horas coa recepción dos participantes e presentación do evento. Acto no que membros das “Xuventudes pola Caza” presentaron o programa de actividades e impartiron coñecementos sobre os cometidos de dito colectivo así como os principios básicos de seguridade e desenrolo dunha típica batida galega a corzos e xabaríns. Momento tamén aproveitado por directivos do Tecor Terra Chá para dar a coñecer o acoutado, as xestións cinexéticas que se realizan e a importancia da unión do colectivo entorno á Federación Galega de Caza. Pechaba o acto o alcalde de Cospeito, Armando Castosa, na que deu a benvida a todos os participantes ao tempo que os convidaba a coñecer os encantos do concello.
A cea de benvida rematada co hospedaxe conxunto dos xóvenes cazadores no Museo das Aves de Cospeito onde tocaba descansar para afrontar a batida de xabarín planificada para o día seguinte.

Coas primeiras luces e o café de rigor os xóvenes cazadores repartíanse en diferentes cuadrillas do Tecor e tomaban rumbo aos cazadeiros onde comenzaba o rastrexo do porco bravo. Gran xornada cinexética con sorte dispar nas diferentes cuadrillas pero que deu grandes lances e vivenzas. Lances que foron compartidos entre todos na posterior cea na Pizzería Rozas.
O domingo era o día sinalado para que os abundantes corzos chairegos foran os protagonistas, e vaia si o foron. Ladras, levantes, acertos e algún que outro erro foi a intensa xornada vivida e que poñía punto e final a un evento que en verbas dos rapaces foi todo un éxito sen precedentes e mostra delo e que xa deron os primeiros pasos para a segunda edición do 2027.
Dende a Federación Galega de Caza un agradecemento especial ao Tecor Terra Chá, a súa directiva así como xefes de cuadrillas e cazadores colaboradores porque foron a peza esencial no desenvolvento exitoso do encontro. Satisfación tamén pola unión e iniciativa do colectivo Xuventudes pola Caza que dan luz a unha caza viva e con relevo, agradecendo en especial o intenso traballo de Brais, Sergio, Diego, Iago, Álvaro… que levaron o maior peso organizativo. E para rematar un agradecemento aos colaboradores Mutuasport, Concello de Cospeito e Nortextreme.