Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ARCEAS OURENSE
A sorte da como gañador a Jaime Pintos
28/11/2011

Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas

O pasado 26 de novembro disputouse no Tecor da Sociedade de Cazadores de Nogueira de Ramuín o Campionato Provincial de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense coa colaboración de dita sociedade.

A falta de arceas e a pouco participación, tan so 5 cazadores, foi a nota predominante nesta fase provincial de caza de arceas.

Unha vez rematado o tempo de competición, o Director da Proba, Manuel Feijoo, xunto co Xurado de Competición, e unha vez realizado o sorteo, deu a coñecer a clasificación final quedando do seguinte xeito: Campión Provincial Jaime Pintos Dávila, subcampión Camilo Pacios Viso e completou o podio o cazador José Luis Mendez Tesouro.

Estes tres cazadores, xunto con José Carlos Otero Pérez, conformarán a representación da provincia de Ourense no vindeiro Campionato Galego de Caza de Arceas que se disputará o próximo sábado día 3 de decembro.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO GALEGO DE PAXARILES
21/05/2024
Campións autonómicos de paxariles

AUTONÓMICO DE PERCORRIDOS DE CAZA
20/05/2024
Torres Parada gañador do Autonómico de Percorridos de Caza en Río Sar

PROVINCIAL PONTEVEDRA XABARIL
20/05/2024
Antonio Sánchez con “Chico” campión provincial e Michael Otero con “Chacho” campión da proba

PROBA PUNTUABLE COPA GALICIA
20/05/2024
Antonio Sánchez con “Chico” gañadores no Corgo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza