CANS PARADA OURENSE

Antonio Vilar en Británicos e Vicente Cortes en Continentais son os campións provinciais

Campionato Provincial de Ourense de Cans de Parada

O pasado sábado día 6 de maio, e no mesmo escenario que no provincial de San Huberto do día anterior, disputouse a fase provincial de Ourense de Cans de Parada, organizada pola Federación Galega de Caza en Ourense coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Nogueira de Ramuín.

A cita acudiron un total de 17 cans, 3 en razas continentais e 14 en razas británicas actuando como xuíz  José María Álvarez Villar.

Rematada a proba, o Director da mesma, Manuel Feijoo Castro, deu a coñecer a clasificación final, sendo o gañador en razas Británicas Antonio Vilar Vigo co can “Nei da Chousa” (P.M) e unha calificación de MB 1º . Este mesmo participante pero co can “Atos da Chousa” (S.I.M) obtivo o segundo postos cunha calificación de MB 2º. Completou o podio Juan Carlos Arteche Castillo con “Breco de Reinadama” (S.I.M) obtendo un MB 3º

En razas Continentais o gañador foi Vicente Cortes Doce co can “Denon de Poldar Riba” (B.A.M) e unha calificación de B 1º.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.