Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
TEMPADA 2012/2013
Acordos do Comité Galego de Caza
16/5/2012

No serán de onte día 15 de maio, tivo lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, cuios acordos servirán de base para confeccionar a “Orde de Vedas” que regula os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a inminente tempada de caza.

Dito Comité estivo composto polos diferentes representantes dos cazadores galegos, entre os que se atopaba Ramón Rodríguez, Secretario Xeral da FGC e os catro presidentes provincias da Federación Galega de Caza, todos eles encabezados polo seu presidente, Javier Nogueira Diz. Diferentes asociacións de caza e representantes das administracións provinciais e autonómica tamén estiveron presentes, todos eles baixo a presidencia de Ricardo García Borregón Millán, Director Xeral de Conservación da Natureza.

No transcurso da reunión, analizáronse as propostas dos catro comités provinciais para establecer a normativa que regule os períodos hábiles e as especies que serán obxecto de caza na vindeira tempada. Destacando a importancia que adquirirá o control das poboacións do xabaril, para evitar ou cando menos minimizar os danos que este animal causa nos cultivos.

Como posibles datas, o comité fixou para o inicio da tempada xeral o día 21 de outubro e o 18 de agosto para a apertura da caza do xabaril.

Quedando todo emprazado a que sexa o Conselleiro do Medio Ambiente e Infraestruturas o que fixe, ca publicación da Orde de Vedas, as regras que suxeitaran a práctica cinexética na nosa comunidade.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

LOBO
03/12/2024
O Consello de Berna acepta a reducción do estatus de protección do lobo en Europa

LICENZA DE CAZA MAIORES DE 65 ANOS
23/10/2024
A renovación da licenza de caza para os maiores de 65 anos terá un tempo de validez indefinido

ORDE DE VEDAS 24/25
02/10/2024
Modificacións da Orde de Vedas 2024/2025

MODIFICACIÓN VEDAS
14/08/2024
Información sobre a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza