Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
DIVULGACIÓN
Curso de Caza, Pesca e Natureza en Fornelos de Montes
16/5/2012

Algúns medios de comunicación fixéronse eco da noticia a través de informacións enredadas facilitadas por grupo anticaza.

A Sociedade deportiva de caza e pesca A Laxe, celebrará en Fornelos de Montes (Pontevedra) a segunda edición do Curso de Caza, Pesca e Natureza.

Para o 17 de maio están convocados nenos e adultos ao cursiño de Pesca, no que os máis cativos estarán acompañados dos seus pais e dos monitores, que lle ensinarán a pescar sen morte con devolución das capturas á auga, poñendo así en práctica as técnicas, lexislación e conservacionismo aprendido previamente na fase teórica.

O 30 de xuño, está previsto o curso teórico-práctico de caza, no que poderán participar nenos (acompañados dos seus pais, avós ou titores), así como calquera cazador ou amante da natureza interesado no mesmo.

Ás 9 da mañá comezan as conferencias, no Centro Social A Laxe, en Fornelos de Montes,  a cargo do Director da Escola Española de Caza, Patxi Andíon, e do Profesor Universitario, Doutor en Veterinaria, Carlos Díez, que versarán sobre a “A montería, diferenzas co gancho”, e sobre a “Cría de coellos en semiliberdade”. A fase teórica rematará cunha Mesa Redonda, sobre as “Peculiaridades da caza en Galicia”, na que intervirán os poñentes Andión e Díez, acompañados do Presidente da Federación Galega e do Presidente Provincial de Pontevedra, Javier Nogueira e Juan Angel Alonso, respectivamente, na que tamén participará o experto en caza maior e Presidente Provincial de Lugo, Francisco López.

Arredor das 11 horas comezará a clase práctica, que se desenvolverá na Serra do Suido (en Fornelos de Montes). Baixo o título “A caza con can: coello, perdiz” os alumnos, acompañados dun monitor –tamén do seu titor, no caso dos nenos-  poderán disfrutar en plena natureza, nunha zona de caza intensiva debidamente legalizada, vendo como traballa o can, como levanta a perdiz ou o coello.

Nas últimas semanas algúns medios de comunicación facíanse eco de informacións malinterpretadas e malintencionadas realizadas por parte dalgún colectivo anticaza, informacións que a Sociedade A Laxe e a Federación Galega de Caza desminten rotundamente. A idea de organizar estas xornadas é socialmente divulgativa, altruísta, e instrutiva sobre a natureza e as especies cinexéticas, co obxecto de achegar á sociedade unha imaxe real sobre cómo debe ser, e como debe formarse, o cazador do século XXI.

No curso, neste caso, non se utilizarán armas, de ningún tipo, nin se abateran especies, só se persegue que pais, fillos, avós, e amantes da natureza, disfruten das sensacións da Serra do Suido, e da paixón dun bo can pola caza.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

FESTA DA CAZA DE RODEIRO
18/11/2019
A climatoloxía non puido coa Festa da Caza de Rodeiro

CANS DE CAZA EN LALÍN
17/06/2019
II Exposición de Cans de Caza de Lalín

XORNADA SOLIDARIA
03/06/2019
A caza estará presente no 5º Día do Deporte Solidario de Área Central

EN SILLEDA
29/05/2019
A feira de caza, pesca e natureza Fecap Abanca multiplica actividades na súa sexta edición


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza