UFEDEGA

Javier Nogueira nomeado presidente da Unión de Federacións Deportivas Galegas

Ante a marcha de Rafael Louzán da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) debido a súa elección na Real Federación Española de Futbol, a UFEDEGA iniciou o proceso de remuda da súa presidencia e xunta directiva que acaba de rematar.

Javier Nogueira Diz, expresidente da Federación Galega de Caza, acaba de ser nomeado como novo presidente de dita asociación que engloba ao 95% dos deportistas federados da nosa comunidade.

Dende a FGC alentamos e damos a noraboa a Javier Nogueira Diz que, a bo seguro, non escatimará en traballo e esforzo en prol do deporte galego e da UFEDEGA.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.