AXUDAS DEPORTISTAS

A Fundación Deporte Galego convoca as axudas a deportistas de alto nivel

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio da convocatoria de axudas

O DOG ven de publicar a convocatoria de axudas aos deportistas galegos/as de alto nivel, para a súa preparación deportiva e pola súa clasificación para os Xogos Olímpicos e Xogos Paralímpicos de Londres 2012. O prazo para a presentación de solicitudes remata o venres 8 de xuño de 2012.

As solicitudes unicamente se poden presentar de dúas formas:
- no rexistro da Fundación Deporte Galego, en Santiago de Compostela. (de 9:00 a 14:00 h).
- mediante correo certificado. Neste caso haberá que enviar por fax ou burofax (881 999 842), o mesmo día en que se entregue a documentación en Correos, unha copia do anexo 2.

Non se admitirán as solicitudes presentadas noutros rexistros distintos dos arriba mencionados.

Descargar convocatoria para máis información

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.