Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ASEMBLEA 2012
Éxito e unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral da FGC
11/6/2012

O pasado 8 de xuño tivo lugar no Estadio Multiusos de San Lázaro, no Salón de Actos da Secretaría Xeral para o Deporte, a Asemblea Xeral da Federación Galega de Caza.

Ás 19:30 horas en segunda convocatoria, daba comezo a principal xuntanza federativa perante a cal a Xunta Directiva da FGC desmenuzaba dun xeito claro e interactivo punto por punto a orde do día.

Unha vez aprobada a acta da asemblea anterior, tivo lugar tamén a aprobación das contas anuais correspondentes ao exercicio 2011.
No terceiro apartado da orde do día acordábase, por unanimidade, o incremento de 1 € nos prezos dos Seguros Federativos para a campaña 2012. Destacar a rebaixa nos orzamentos dun 12,35% con respecto aos orzamentos do 2011 da sede Central da FGC sita en Santiago de Compostela. E en conxunto, coas delegacións provinciais da FGC, o orzamento federativo sofre unha rebaixa do 6,20% con respecto o do ano anterior.

A Memoria de Actividades do 2011 e o Calendario e Normativa de Competicións do 2012 ocuparon a segunda parte desta Asemblea Xeral.

Xa no derradeiro punto da orde do día, rogos e preguntas, a Asemblea Xeral acordou a petición á Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas a necesidade de que antes da instalación dos pasos de fauna nas estradas galegas se requira un informe previo da Federación Galega de Caza.

Esgotada a orde do día, deu se por concluída a Asemblea Xeral 2012 no que a unanimidade nos acordos por parte da Xunta Directiva e asembleístas foi a nota predominante.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSOS DE FORMACION FGC
2025-10-01
Comenzan os Cursos de Formación da FGC con máis de 250 cazadores inscritos

REGULAMENTO DE ARMAS
2025-09-26
Reunión coas Intervencións de Armas e Explosivos de Zona da Garda Civil para unificar criterios na aplicación do Regulamento de Armas

ORDE DE AXUDAS TERREOS QUEIMADOS
2025-09-10
A FGC ponse a disposición das Sociedades de Caza afectadas pola vaga de lumes

CURSOS FORMACION 2025
2025-09-05
Coa apertura da Escola de Caza a FGC aposta pola formación dos cazadores


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza