COPA GALICIA XABARIL

O monteiro Diego Martínez gañador en Caselas

Campionato de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril

O pasado domingo día 10 de xuño, no Tecor pontevedrés de Salceda de Caselas disputouse unha proba de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril puntuable para a Copa Galicia da especialidade e baixo a organización de dita Sociedade de Caza coa colaboración da Federación Galega de Caza en Pontevedra.

O día amenceu con choiva pero ao longo da mañá a climatoloxía foi a axeitada para a practica desta modalidade cinexética. Participaron na proba un total de 12 monteiros cun total de 17 cans que foron xulgados por Jaime Villaverde Valado, Alejandro González González e Roberto Carlos Costa Tellado.

Unha vez disputada a proba foi o participante Diego Martínez Domínguez co can “Demo” o que obtivo o primeiro posto ao acadar un total de 219 puntos. Na segunda posición rematou Álvaro Fontenla Filgueira con “Rumba” e 214 puntos. Salvador Sestelo Núñez foi o monteiro que ocupou o terceiro posto con “Clay” e 193 puntos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.