Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NOVA ORDE VEDAS
Publícase a Orde de Vedas para a vindeira tempada de caza 2012/2013
26/6/2012

Orde do 15 de xuño de 2012 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes  especiais por especies durante a tempada 2012-2013.

O artigo 42 da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, establece a obriga de regular anualmente mediante orde as épocas hábiles de caza para as distintas especies cinexéticas, as limitacións ao exercicio da caza, os réximes especiais, necesarios e a normativa aplicable nos terreos de réxime cinexético común.

En cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, oídos os comités provinciais e o Comité Galego de Caza, no uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e da súa Presidencia, modificada polas leis 11/1988, do 20 de outubro, e 7/2002, do 27 de decembro, e de conformidade co disposto no Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en relación co Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

Descargar Orde de Vedas 2012-2013
Descargar impresos para elaboración do Plan de Aproveitamento

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

TAMÉN PARA COVID-19
17/02/2021
Publicadas as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDES
02/02/2021
Axudas para fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos

LOBO / OSO / XABARIL
12/01/2021
Publicada a orde de axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre

DEPORTE FEDERADO
20/11/2020
Cambio de interpretación da Secretaría Xeral para o Deporte


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza