30 de novembro de -0001
SAN HUBERTO PONTEVEDRA

González Casás é o novo campión provincial

XXVI Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto

O pasado 8 de xullo, disputouse nos terreos do Tecor da Sociedade de Cazadores de A Gondomarense, unha edición máis do Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto, organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

Nesta fase provincial acudiron un total de 16 participantes, 4 deles na categoría de springers. Xulgaron a proba Antonio González Álvarez e Santiago Saavedra Cuíña, actuando Eliseo Faraldo como xuíz auxiliar.

Rematada a proba, subiu ao máis alto do podio o cazador Carlos Alberto González Casas co seu can “Iron de la Esla de Mondril” converténdose no novo campión provincial. Seguiuno moi de preto Carlos Lalín Ferreiroa en segunda posición coa pointer “Koka da Chousa”. José Luís Tarrío Prieto tíñase que conformar co terceiro posto acadado co setter inglés “Yellow”.

Na categoría de Springers o gañador era David Andrew Howatson con “Auriga Estrellas Tebra”.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.