30 de novembro de -0001
COPA GALICIA XABARIL

Álvaro Fontela con “Terco” gaña en O Campo

Proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade

O pasado 21 de xullo, disputouse no Tecor de O Campo (Pontevedra) unha proba de Cans de Rastro Atrelados modalidade xabaril, puntuable para a Copa Galicia da especialidade organizada pola Sociedade de Cazadores de O Campo contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en Pontevedra.

Ata un total de 27 monteiros se deron cita nesta proba na que reinou a festa e o compañeirismo entre tódolos participantes asiduos a este tipo de competicións.

Actuaron como xuíces Víctor Casqueiro e Jaime Villaverde, sendo Eladio Pensado o encargado de dirixir a proba. Unha proba na que o anfitrión Álvaro Fontenla con “Terco” obtivo o primeiro posto despois de realizar unha extraordinaria actuación que lle reportou un total de 245 puntos. Seguiuno moi de preto o tamén pontevedrés Salvador Sestelo que con “Vikingo” acadaba unha puntuación de 243,5 puntos. Repetía en terceira posición o monteiro Álvaro Fontenla con “Rumba” e 227,5 puntos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.