Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS PARADA PONTEVEDRA
Carlos Lalín en Británicos e José Vicente en Continentais foron os gañadores provinciais
14/8/2012

Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Parada

O pasado domingo 5 de agosto, tivo lugar o Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Parada que nesta ocasión se desputou no Tecor pontevedrés de Lalín e estivo organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores do mencioado Tecor.

Na proba participaron un total de 35 cans, dos cales 6 correspondían a Razas Continentais e 29 a Razas Británicas e foron xuzgados polos xuíces Jose Moure Caneda e Santiago Saavedra Cuiña, actuando como xuíz auxiliar Rubén Boquete Varela.

Foi o can de nome "Alba" conducido por Carlos Lalin Ferreiroa o que se impuxo en razas Británicas ao acadar unha calificación de 1º MB. Seguino en segunda posición "Tolo" de Adolfo Limes Fernández cunha calificación de 2º MB. Repetía en terceira posición Carlos Lalín Ferreiroa co setter inglés de nome "Carlo" e unha calificación de 3º MB.

En Razas Continentais o gañador e único can que obtivo calificación foi "Denon" de Jose Vicente Cortes Doce cunha valoración de Bo.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO GALEGO DE ARCEAS
2025-12-22
José Manuel Tomé co setter “Duke” gañador dun Campionato Galego de Arceas moi desputado

ARCEAS CORUÑA
2025-12-15
O provincial da Coruña de caza de arceas proclomou campión a José Manuel Tome con “Duke”

ARCEAS PONTEVEDRA
2025-12-15
Iván Ramos con "Sira" proclamouse campión provincial de caza de arceas en Rodeiro

SEMIFINAL NORTE CAZA MENOR
2025-11-24
Iván Moure subcampión da Semifinal Norte de Caza Menor con Can


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza