Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SORTEO ENQUISA
Coñecemos aos premiados no sorteo da Enquisa para o Estudo do Impacto da Caza
19/10/2012

O pasado 15 de outubro, tiña lugar na sede central da Federación Galega de Caza, sita en Santiago de Compostela, o sorteo dos tres premios aos que optaban todos aqueles cazadores que participaron dende semanas atrás na enquisa que puxo en marcha a FGC co fin de realizar un estudo sobre a repercusión económica e social da caza en Galicia.
Dito estudo será unha ferramenta moi empregada por dita Federación para levar a cabo traballos que axuden a defender o valor e a importancia da caza na nosa comunidade. Polo tanto, A Federación Galega de Caza quere transmitir a noraboa aos gañadores dos premios e agradecer a participación de todos aqueles que nos fixoron chegar a súa enquisa.

 

Víctor Luna Santos (Valga, Pontevedra)
1º Premio: Seguro do Cazador e Anexo de Cans durante todo o ano

¿Victor, a qué idade comenzaches a cazar?
Empecei a da-los primeiros pasos acompañando a meu pai, aos 10 anos.

¿Qué pensas do traballo que quere levar a cabo a Federación con esta enquisa?
 Está ben, é importante e ademáis xenera traballo e riqueza para o sector.

¿Estabas federado antes de participar neste sorteo?
 Si.

¿Qué opinas da Federación en xeral, dime algo positivo e algo que che gustaría que cambiase?
Entendo que estar na Federación é positivo porque a través da licencia federativa axuda aos cazadores e aos Tecores.
Algo Positivo: As ventaxas e os medios que ofrece a Federación, sobre todo no campo do seguro.
Qué Cambiaría: Gustaríame que o seguro do cazador tivera cuberto tamén os danos que sufra o can, o meu can, e que as frecuencias da Federación para usar a emisora de caza fora para toda Galicia.

¿Con qué expectativas afrontas esta nova tempada de caza?
Semella presentarse en xeral ben, vese bastante caza, sobre todo coello.

 

Roberto Mosquera Furelos (Padrón, A Coruña)
2º Premio: Suscrición durante un ano á revista Galicia Cinexética

¿Roberto, a qué idade comenzaches a cazar?
Comencei a ter o primeiro contacto coa caza aos 14 anos.

¿Qué pensas do traballo que quere levar a cabo a Federación con esta enquisa?
Ben, é importante que a xente se dea conta dos gastos da caza, gastos que por outro lado repercuten e benefician á economía da sociedade galega, non so gastamos nas armerías e nos veterinarios como moitos pensan, senón que ademáis dos gastos habituais nos establecementos do sector gastamos noutros moitos servizos nos que a maioría non reparan, dende os bares e restaurantes ata concesionarios de coches, pasando por hoteis e gasolineiras, entroutros moitos.

¿Estabas federado antes de participar neste sorteo?
Si, levo federado dende os 18 anos

¿Qué opinas da Federación en xeral, dime algo positivo e algo que che gustaría que cambiase?
Xente moi simpática, e sobre todo moi profesional.
Algo Positivo: A transparencia
Qué cambiaría?, pois penso que a Federación debería ter máis competencias na xestión cinexética dos Tecores.

¿Con qué expectativas afrontas esta nova tempada de caza?
Paréceme que en xeral se presenta unha boa tempada, mellor na caza maior, claro, pero o coello no Tecor de Padrón non parece ter moito problema, ainda que non hai moita densidade como quixéramos, pero tampouco imos ao monte a buscar carne para iso xa temos o Gadis.

 

Jaime Núñez Fernández (Triacastela, Lugo)
3º Premio: Chaleco polar e polo camiseiro co logo da FGC

¿Jaime, a qué idade comenzaches a cazar?
Aos 18 anos.

¿Qué pensas do traballo que quere levar a cabo a Federación con esta enquisa?
Paréceme interesante para que se saiba que o mundo da caza da moitos postos de traballo e move moito diñeiro entre armerías, psicotécnicos, clínicas etc..

¿Estabas federado antes de participar neste sorteo?
Fai anos estíveno pero despois de varios anos sen estar federado volvín a federarme esta tempada.

¿Qué opinas da Federación en xeral, dime algo positivo e algo que che gustaría que cambiase?
Algo positivo: todos os trámites que se fan, seguros, licencias de emisoras etc.
Qué cambiaría? que a Federación fixese máis cousas coas Sociedades de Caza para recuperar a caza menor, soltas, sembrados…

¿Con qué expectativas afrontas esta nova tempada de caza?
Na caza maior boas expectativas xa que se ve moita caza (xabaril ,corzo) e referente á caza menor, o de sempre, que temos pouca, xa que se lle dedica pouco esforzo en recuperala.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza