Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ACCIDENTE
A FGC e a Sociedade de Caza Castelo de Vitres-Folgoso piden prudencia no suceso ocorrido na Pobra esta fin de semana
12/11/2012

Ante as informacións aparecidas nalgúns medios de comunicación sobre o suceso ocurrido en A Pobra a pasada fin de semana, que apuntan a un accidente de caza consecuencia dunha batida, a Sociedade de Cazadores Castelo de Vitres-Folgoso, e a Federación Galega de Caza piden prudencia ata que rematen as investigacións que está a levar a cabo a policia xudicial.

Os datos aos que tivo acceso a Federación Galega de Caza, non parecen sinalar que o accidente fora consecuencia da batida, xa que non se corresponden os horarios (a batida con armas empezou arredor das 16-17 da tarde mentre que o accidente foi ao medio día), nin tampouco a zona, pois o gancho desenvolvíase nun monte pertencente ao municipio de Boiro mentres que o accidente tivo lugar en Postmarcos, na Pobra, a uns 3-4 km. de distancia, tampouco o calibre, segundo as noticias que trascenderon, se correspondería co tipo de calibre que se utiliza na caza.

No obstante a pesares do anterior tanto a Sociedade de Caza como a Federación piden cautela ata que se determine o que ocorreu, e indican que a pesares de que o número de sinistros que se producen na caza é inferior aos que suceden en moitos outros deportes estes causan unha gran unha gran alarma social, por iso recoméndanlle aos cazadores que extremen, máis se cabe, a prudencia e as medidas de seguridade para disfrutar dunha xornada cinexética segura.

Descargar Decálogo da Seguridade na Caza

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza