30 de novembro de -0001
ARCEAS LUGO

Manuel Rodríguez foi o gañador en A Terra Cha

Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas

O pasado 24 de novembro disputouse no Tecor lucense de A Terra Cha o Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de A Terra Cha.

Destacar a ampla participación nesta fase provincial á que acudiron un total de 27 cazadores que tomaron a saída ás 9.00 horas e retornando todos eles ao control dentro do horario prevista agás o cazador César Teijeiro García.

Unha vez rematado o tempo de competición, o Director da Proba, José Manuel Vidal Lamela, deu a coñecer a clasificación final resultando do seguinte xeito: con 1 arcea e un total de 500 puntos remataba Manuel Rodríguez Quiroga adxudicándose deste xeito o primeiro posto desta fase provincial. En segunda posición situábase Francisco Javier López Salvador cunha arcea e 500 puntos. Completaba o podio o cazador Juan Carlos Arteche Castillo tamén con 500 puntos ao abater unha arcea.

A estes tres primeiros clasificados súmanselles os cazadores Cristian Fernández Abuín e César Veiga Vázquez, conformando o equipo da provincia de Lugo para o vindeiro Campionato Galego da especialidade.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.