Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ARCEAS
Fabián Barge acada o Campionato Galego de Arceas
3/12/2012

XVII Campionato Galego de Caza de Arceas disputado en Outeiro de Rei (Lugo)

O pasado sábado 1 de decembro disputouse no concello lucense de Outeiro de Rei, concretamente nos terreos do Tecor Santa Isabel, a decimosétima edición do Campionato Autonómico de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de dito terreo cinexético.

Á cita acudiron un total de 21 participantes, o campión da edición anterior máis os cazadores clasificados nas respectivas fases provinciais. Cazadores que unha vez tomaron a saída tentaron, durante as cinco horas que durou a competición, dar caza a sempre complexa arcea. A xornada transcorreu sen imprevistos e a boa climatoloxía reinante para a práctica cinexética fixo que os participantes avistasen ata un total de 19 arceas no transcurso da competición.

Foi o coruñés Fabián Barge Vilela o que fixo a primeira entrada no control ás 11:55 horas, con unha arcea abatida dun so disparo. Este feito fixo que finalmente Barge Vilela se convertese no novo Campión Galego de Caza de Arceas, xa que o resto de participantes que entraron con caza o fixeran máis tarde ou precisaron un maior número de disparos para abater as pezas.

O lucense Manuel Rodríguez Quiroga, actual campión provincial, obtivo o subcampionato galego cunha arcea e 500 puntos, acadando, xunto con Fabián Barge, unha praza para o vindeiro Campionato Nacional de Arceas. O tamén lucense, Francisco Javier López Salvador acadaba o terceiro posto do podio cunha arcea abatida e 500 puntos.

Verificada a legalidade das pezas abatidas por parte do Xurado Técnico alí presente, os participantes, xuíces, organización e autoridades desfrutaron dun xantar no que a entrega de premios puxo o colofón a esta XVII edición do Campionato Galego de Arceas.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS PARADA SOBRE PERDIZ EN MONTAÑA
2025-09-08
“Sar do Coto da Neboa” de Francisco Santiago foi o mellor calificada na Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña

CAMPIONATO GALEGO CANS PARADA
2025-09-01
O setter “Único” de Antonio Vilar e o braco “Iron” de Jaime Aneiros, foron os Campións Galegos da Copa Galicia de Cans de Parada 2025

CAMPIONATOS GALEGOS DE ARCO
2025-08-27
Campións galegos de percorridos e arco o voo

MEMORIAL JOSÉ E MANUEL CEA SEOANE
2025-08-12
Domínguez Treinta gañador do Memorial Cea Seoane de Percorridos de Caza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza