Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XUNTANZA
Posta a punto para o inicio das competicións
4/3/2013

O pasado venres 1 de marzo tivo lugar na sede central da Federación Galega de Caza unha xuntanza co fin de establecer diferentes acordos ante o inminente inicio das competicións cinexéticos que se celebraran nos vindeiros meses.

Á xuntanza acudiron os Delegados das diferentes modalidades, representantes federativos provinciais, así como representantes da Asociación Galega de Arco e Cetrería, o secretario xeral da FGC, David Romero e o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira.

Entre outros puntos que se trataron no transcurso da reunión, tivo lugar a aprobación do calendario de competición para este ano 2013, a revisión da normativa de competicións e a promoción de xuíces e árbitros.

Nos vindeiros meses disputaranse un sinfín de campionatos e probas cinexéticas espalladas por toda a xeografía galega nos cales a FGC deséxalles moita sorte a tódolos deportistas galegos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO GALEGO DE CETRERÍA
2025-10-28
Campións galegos de cetrería no Tecor Terra Chá

CAZA MENOR OURENSE
2025-10-27
Iván Álvarez con “Suri Raiña Loba” campión provincial de Ourense de Caza Menor

CAZA MENOR CORUÑA
2025-10-27
A fase provincial da Coruña de Caza Menor con Can tivo a Antón Moure e a cadela “Lira” como gañadores

CAZA MENOR PONTEVEDRA
2025-10-27
Javier Calvo con "Nena" é o novo Campión Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza