30 de novembro de -0001
SAN HUBERTO VIMIANZO

Leira Pérez acada o primeiro posto

III Concurso de San Huberto “Concello de Vimianzo” puntuable para a Copa Galicia da especialidade

O pasado sábado 6 de abril, disputouse a terceira edición do Concurso de San Huberto “Concello de Vimianzo” organizado pola Sociedade de Caza San Vicente de Vimianzo e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.

Á proba acudiron un total de 25 participantes que gozaron dunha extraordinaria xornada grazas a boa climatoloxía reinante que favoreceu o bo traballo de cans e cazadores.

Foi Edelmiro Leira Pérez co setter inglés “Verdi de Cumbraos” o que se converteu no campión da proba cun total de 76 puntos. O segundo posto foi para Antonio Olveira Pego co setter inglés “Killer” e 71 puntos. Completou o podio Rubén Boquete Varela co tamén setter inglés “Acio de Pasarín” e 66 puntos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.