LEI DEPORTE

As sociedades de cazadores deben adapta-los seus estatutos á Lei do Deporte de Galicia

O 13 de abril remata o prazo

O vindeiro sábado, 13 de abril, remata o prazo para que as sociedades de caza adapten os seus estatutos á nova Lei do Deporte de Galicia. A Lei 3/2012, do deporte de Galicia, que entraba en vigor o 14 de abril de 2012 establece na Disposición Transitoria Única que as entidades deportivas deberán adapta-los seus estatutos a esta norma no prazo de un ano a partir da súa entrada en vigor.

A federación aconsella modifica-los estatutos adaptándoos as peculiaridades da caza, para elo as sociedades que aínda teñan pendente de realizar este trámite poden achegarse a calquera das oficinas federativas onde dispoñen dos servizos administrativos e xurídicos para cumprimenta-la documentación, ou tamén poden descarga-los impresos directamente desde a páxina web a través da seguinte ligazón: Modificación de estatutos

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.