Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PAXARILES CORUÑA
Paxaros cantores en Narón
6/5/2013

Campionato Provincial de A Coruña de Paxariles

O pasado 28 de abril, disputouse en Río Seco – Narón, a fase provincial de A Coruña de Paxariles organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade de A Faísca.

A proba acudiron un total de 59 participantes que presentaron un total de 142 paxaros repartidos nas diferentes categorías. Actuaron como xuíces Iván Fajardo Cao, Gonzalo Vergara Castro, Jesús Ángel Faraldo Ares e Juan Pico Pico, sendo o Director da Proba Manuel A. Chao Porto.

Na clasificación de Pardillo o primeiro posto foi para Dionisio Ares Babarro con 29 puntos, seguido de Camilo Taboada Piñeiro con 21 puntos e xa en terceiro posto Serafín Corral Vázquez con tamén 21 puntos.

En Mixto de Pardillo os tres primeiros postos foron para Jesús Ángel Faraldo Ares con 138, 58 e 57 puntos.

Na categoría de Xílgaro foi Ricardo Díaz Fernández o que obtivo o primeiro posto con 64 puntos, seguido de María Falcón Saa e Victoría Eugenia Hermida Fachal en segunda e terceira posición con 38 e 34 puntos respectivamente.

En Mixto de Xílgaro o primeiro posto recaeu en Miguel Ángel Ares Ares con 73 puntos. Con 70 puntos o segundo posto foi ocupado por José Luis Gándara Conde. Co mesmo número de puntos Luis Roiz Rodríguez acadaba a terceira posición.

Na categoría de Verderón o participante José Manuel Romero Neira acadaba o primeiro posto con 37 puntos. Seguiuno Mª Ángeles Pérez Arcos con 22 puntos e Pedro Fernández Jiménez con 15 puntos, en segunda e terceira posición, respectivamente.

Na clasificación de Mixto de Verderón resultaba gañador Dionisio Ares Babarro con 47 puntos. Juan Manuel Souto Rico con 44 puntos acadaba o subcampionato namentres que Pedro Fernández Jiménez subía a terceira posición con 3 puntos.

 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

SELECCION GALEGA AGILITY
2025-11-05
Grandes resultados da Selección Galega no Nacional de Agility

AUTONÓMICO CAZA MENOR CON CAN
2025-11-05
Os montes do Tecor A Cañiza outorgarán o título de Campión Galego de Caza Menor con Can 2025

CAMPIONATO GALEGO DE CETRERÍA
2025-10-28
Campións galegos de cetrería no Tecor Terra Chá

CAZA MENOR OURENSE
2025-10-27
Iván Álvarez con “Suri Raiña Loba” campión provincial de Ourense de Caza Menor


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza