Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PARLAMENTO
Xuntanza co portavoz e Deputado de AGE no Parlamento
14/5/2013

Exposición das inquedanzas ante o Anteproxecto da Lei de Caza

Representantes federativos mantiveron na mañá de hoxe 14 de maio, unha xuntanza co portavoz e Deputado do grupo parlamentario AGE, David Fernández Calviño, para expoñerlle as inquedanzas do colectivo cinexético fronte ao Anteproxecto da Lei de Caza así como a súa defensa ante o Parlamento.

Os representantes explicáronlle polo miúdo a situación que podería xerarse no caso de que non se modifique o Artigo 60 (a responsabilidade polos danos), o que mesmo podería facer que moitas das sociedades de caza de Galicia tiveran que disolverse por non poder facerlle fronte aos gastos dos seguros e dos danos.

Tamén se lle informou dos problemas que xerarían as zonas de seguridade, xa que toda Galicia está atravesada por estradas, camiños e corredoiras, ao tempo que se fixo especial fincapé en que tódolos colectivos amantes do monte e da natureza conviven sen ningún problema, e que apenas se deu ningún caso de accidentes de caza con persoas alleas á actividade cinexética.

Entroutros moitos temas que se abordaron da Lei, tamén se falou amplamente sobre a connotación social que ten a caza en Galicia, e a súa especial tradición no rural galego, onde a caza é a actividade deportiva máis practicada.
David Fernández Calviño, comprometeuse a estudar e analizar en profundidade as achegas da Federación Galega de Caza para a súa representación no Parlamento.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

O deporte máis natural na natureza
2025-06-10
A FGC achega a Natureza ós rapaces

CANS DE RASTRO SOBRE XABARIL
2025-05-21
Galicia é un referente nas probas de cans de rastro sobre xabaril

PRESENTACION NACIONAL XABARIL
2025-05-16
Presentación oficial do Nacional de Xabaril Salvaxe

EXAME DO CAZADOR
2025-04-24
Modificacións do exame do cazador


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza