Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
LEI DE CAZA
A FGC e a Consellería de Medio Ambiente achegan posturas
3/6/2013

O pasado venres, 31 de maio, a Comisión de Caza da FGC reuníase novamente co Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, co Director Xeral de Conservación, Ricardo García Borregón, e con Miguel Prado, do Grupo Parlamentario Popular, coa lei de caza como protagonista. A xuntanza arrancaba con certa tensión  polas dúas partes, tensión que se iría limando a medida que ía avanzando a reunión; os representantes federativos insistían en que o actual texto do Anteproxecto é un revés para a caza social en Galicia, e facían fincapé en que para continuar co actual tecido social é fundamental a modificación dalgúns artigos, entre  eles, os máis discutidos, os danos patrimoniais, as zonas de seguridade, e as competencias da gardería.

Tras unha intensa xuntanza, desde a Consellería, e desde o Grupo Parlamentario Popular, comprometíanse a analizar de novo as achegas da FGC, e buscar unha nova redacción para os artigos máis controvertidos, cando menos unha redacción satisfactoria para os cazadores galegos, manifestando tanto o representante do Grupo Popular como a Consellería o seu desexo de que a lei conte co respaldo do colectivo cinexético.

A comisión federativa, despois de varios meses de xuntanzas e negociacións, saíu por primeira vez con certo grao de optimismo pero sen baixa-la garda; a FGC agarda que a participación do representante do Grupo Parlamentario Popular, Miguel Prado, e a súa condición de cazador e expresidente dunha sociedade de caza, axude á Administración a comprender o malestar dos cazadores galegos respecto ao actual texto.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ORDE DE AXUDAS TERREOS QUEIMADOS
2025-09-10
A FGC ponse a disposición das Sociedades de Caza afectadas pola vaga de lumes

CURSOS FORMACION 2025
2025-09-05
Coa apertura da Escola de Caza a FGC aposta pola formación dos cazadores

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
2025-09-03
Comeza a campaña de censos de caza maior do Observatorio Cinexético

OFICINA FGC CORUÑA
2025-07-28
A oficina da FGC da Coruña permanecerá pechada o vindeiro 4 de agosto


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza