Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XABARIL CORUÑA
O Campión Provincial foi Carlos Arnoso con “Chino”
10/6/2013

Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril

O pasado 8 de xuño disputouse no Tecor da Sociedade de Cazadores de Cedeira o Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Cedeira.

Ao campionato acudiron un total de 21 monteiros con 29 cans, sendo xulgados polos xuíces José Moure Caneda e Severino Ramil Fernández.

Disputada a fase final, foi o monteiro Carlos A. Arnoso García o que co seu can de nome “Chino” acadaba a máxima puntuación con 231,50 puntos proclamándose deste xeito como novo Campión Provincial da especialidade. No segundo posto situábase Cándido Picón Domínguez con “Rumba” e 218 puntos. Juan Fernández Vecino con “Zulu de Soñar” remataba no terceiro posto con tamén 218 puntos.

Os monteiros Carlos A. Arnoso García, Cándido Picón Domínguez, David Toxeiro Paz, José Pereira Ramos, José Luis Iglesias Neira, Álvaro Fontenla Crespo, Manuel Rodeiro Louzao, Francisco Javier Devesa Bouzón, José Manuel Barreiro Rivadas e Manuel Iglesias Covelo conforman a selección da provincia de A Coruña para o vindeiro Campionato Galego da especialidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
09/02/2026
Cedeira e Ortigueira acolleron a oitava edición da proba de Cans de Parada sobre Arcea

PROVINCIAIS E GALEGO DE RAPOSO
2026-02-02
O equipo coruñés “Os Intocables” foi o gañador do Autonómico de Raposo desputado na Fonsagrada

ARCEAS OURENSE
2026-01-19
O título de campión provincial de Ourense foi para Iván Álvarez coa setter “Loba Raiña”

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
2025-12-29
VIII Copa Federación Galega de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza