30 de novembro de -0001
SAN HUBERTO

José Ignacio Pérez, Juan José Canosa e Sandra Rodríguez foron os Campións Galegos en Lalín

Campionato Galego de Caza San Huberto

O pasado 4 de agosto disputouse no concello pontevedrés de Lalín, a fase autonómica da disciplina de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza coa colaboración da Sociedade de Caza e Pesca de Lalín.

Os montes de Lebozán, en Lalín, foi o lugar onde se desenrolou este Campionato Galego de Caza San Huberto que contou nesta ocasión con un total de 32 inscritos nas diferentes categorías. Tempo seco e con algo de vento propiciou que os participantes realizasen destacadas actuacións.

Na categoría Masculina o primeiro posto foi para o cazador José Ignacio Pérez Pérez co seu can “Zar”. Jorge Martín Sánchez con “Kan” situouse no segundo posto para xa en terceira posición rematar o participante José María Carnota Ríos con “Bratón”.

En Damas o primeiro posto era para Sandra Rodríguez Rego con “Don”. O segundo posto da clasificación final foi para Nicolasa González Carrodeguas con “Easy” e compretou o podio no terceiro caixón a cazadora Ana Isabel Arbiol Ledesma con “Breco”
Na categoría de Levantadores impúxose o cazador Juan José Canosa Vigo con “Coca”. Na segunda posición remataba Eloy Rodríguez Martínez con “Uncle” e era Saturnino Pereira Vidal o que se tiña que conformar co terceiro posto.

Rematada a proba, tivo lugar a entrega de premios polas autoridades alí presentes, entre as que se atopaba José Luis Fernández presidente da Sociedade de Caza de Lalín, Antonio Sánchez González Comandante da Garda Civil, David Romero Albores secretario xeral da FGC e Francisco Couselo Castiñeira presidente da FGC en Pontevedra.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.