A FGC intervén en diferentes medios de comunicación pola problemática dos incendios forestais
Por mor da noticia que saíu publicado nos medios de comunicación na que se informaba de que os cazadores e labregos podían estar detrás da suposta autoría de determinados incendios forestais que asolaron a nosa comunidade nos pasados días, Javier Nogueira Diz, presidente da Federación Galega de Caza, acudiu a diferentes medios de comunicación, Radio Galega, Radio Obradoiro, etc. para mostrar o malestar dos cazadores galegos por ditas afirmacións.
O presidente da FGC lamentou enormemente a nefasta imaxe que produciu dita noticia no colectivo de cazadores galegos. Aproveitando a ocasión para informar a sociedade de que son os cazadores un dos colectivos máis interesados de que o monte non sufra a fatalidade dos incendios forestais, por ser amantes da natureza e por ser o monte o esceario da súa actividade. Mostra delo e o convenio de colaboración que a FGC asinou este mesmo ano coa Consellería do Medio Rural para a extinción e prevención de incendios forestais.
Na súas intervencións, Javier Nogueira tamén informou que os lumes prexudican enormemente o desenrolo da práctica cinexética xa que por Lei, esta prohibida a práctica da caza durante 3 anos nos terreos queimados.
Rematou o máximo dirixente da Federación de Caza solicitando un trato moito máis coidadoso co colectivo de cazadores debido a que estas noticias prexudican gravemente a imaxe social da caza e dos cazadores galegos.
Escoitar a entrevista de Radio Obradoiro: