ELECCIÓNS

Xornada electoral na FGC da Coruña

Hoxe terá lugar a elección do candidato que presidirá a Federación Provincial da Coruña durante os vindeiros catro anos. Manuel Saa Casariego, de Ortigueira, e José María Álvarez Villar, de Carballo, son os aspirantes.

O Hotel Punta del Este, en Carballo, é o lugar elixido para que os asembleístas da provincia da Coruña exerzan o seu voto para escoller ao seu máximo representante provincial. Ás 20.00h en primeira convocatoria e ás 20.30h en segunda, celebrarase a asemblea de votacións conforme ao estipulado no calendario electoral.

É importante lembrar que os asistentes con dereito a voto deberán presentarse nas urnas provistos do seu DNI e mais da licenza federativa en vigor, requisito imprescindible para poder votar. No caso dos representantes de sociedades, se o que exerce a delegación de voto non é o presidente que está no censo, deben aportar ademais do DNI e da licenza Federativa autonómica en vigor (ou licenza nacional anterior ao 1 de xuño de 2013) unha certificación do presidente e secretario da sociedade que figura no censo. Unha mesma persoa só poderá votar por un dos estamentos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.