Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
OBSERVATORIO
Comeza a recollida de fichas de seguimento de capturas de caza menor
9/1/2014

Co comezo da campaña cinexética 2013/2014 da caza menor en Galicia, a Federación Galega de Caza, dentro do marco do seu Observatorio da Caza, comezaba unha campaña de recollida de datos voluntaria entre tódolos cazadores galegos, co fin de facer un seguimento das capturas de especies de caza menor na nosa comunidade.

Rematada oficialmente a campaña de caza menor e xa so restando o remate da caza do raposo e a arcea, é momento da recollida das fichas de seguimento para proceder ao correspondente tratamento dos datos e posterior elaboración do informe. Por iso, establécese un prazo que rematará o vindeiro 14 de febreiro para a recollida destas fichas.

Lembrámoslle que, co fin de incentivar a participación, e como agradecemento a aqueles que colaboraron nesta importante campaña, a Federación Galega de Caza realizará un sorteo entre tódolos cazadores participantes que envíen cumplimentada correctamente a súa ficha dentro do prazo de recollida establecido. Os premios sorteados son os seguintes:

  • Un Seguro Federativo de Caza Tipo S (ata 732.251,82€ de capital asegurado)
  • Suscrición por 1 ano á Revista "Galicia Cinexética"
  • Polo co logotipo da Federación Galega de Caza

Se vostede completou unha ficha, pode remitírnola por calquera dos medios de contacto da Federación Galega de Caza.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

O LOBO
05/09/2023
Lobos en Europa

LICENZAS DE CAZA
28/08/2023
Información sobre a expedición da licenza gratuita para maiores de 65 anos

CURSOS FORMACIÓN 2023
29/08/2023
As enfermidades da fauna cinexética, a saúde alimentaria e a xestión de residuos da carne de caza son algunhas das novidades dos Cursos de Formación da FGC 2023

MUTUASPORT - ARTEMISAN - FGC
07/08/2023
Artemisan e a FGC analizaron a situación do paspallás na Limia


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza