Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA DE RAPOSO
O equipo “Doble Cero” proclamouse Campión Galego
20/1/2014

XIX Campionato Galego de Caza de Raposo

O pasado sábado 18 de xaneiro tivo lugar nas localidades coruñesas de Brión e Ames a décimo novena edición do Campionato Galego de Caza de Raposo organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración das Sociedades de Caza de Altamira de Brión e Azor de Ames.

Á proba acudiron un total de 14 equipos clasificados nos seus respectivos campionatos provinciais máis o equipo “Río Ulla 1”, campión da edición anterior.

A xornada cinexética foi transcorrendo sen imprevistos e o bo tempo acompañou durante a primeira parte da mañá ata os derradeiros compases da proba na que a choiva fixo acto de presenza. A partir das 13:30 os equipos foron facendo a súa entrada en control e o equipo veterinario alí presente analizaba as capturas.

Foi o equipo “Doble Cero” o que con dúas capturas (1 macho e 1 femia) e, despois de resultar afortunado no sorteo, proclamábase Campión Galego de Caza de Raposo. O segundo posto era para o equipo lucense “Os de Cela” con tamén dúas capturas (1 macho e 1 femia). O terceiro posto recaía no equipo “A Raposa Vella” chegado de A Coruña cunha captura (1 macho).

O xantar de irmandade e entrega de premios congregou a tódolos participantes, guías, xuíces, organización, representantes federativos e autoridades. Entre as autoridades atopábanse Santiago Amor Gallego, alcalde do concello de Ames, Pedro Nieto, representante da FGC en A Coruña, Francisco Couselo Castiñeira, presidente da FGC en Pontevedra, Manuel Pérez Requejo, tesoureiro da FGC, o delegado da competición de raposo da FGC, Manuel Rodríguez Cobas e o presidente da FGC Javier Nogueira Diz.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza