30 de novembro de -0001
XUNTANZA

Posta ao día entre a FGC e a Dirección Xeral de Conservación

A publicación da Lei de Caza de Galicia foi un dos puntos tratados

Na pasada semana, a comitiva da Federación Galega de Caza formada polos presidentes provinciais Francisco Couselo, Manuel Saa e Francisco López, máis o vicepresidente José Luis Valcárcel e o presidente da FGC Javier Nogueira Diz, mantiñan unha reunión coa Directora e Subdirectora Xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado e Susana Cuesta, respectivamente.

No transcurso da xuntanza, tratáronse e analizáronse diferentes temas de actualidade relacionados coa actividade cinexética na nosa comunidade. E como non, a publicación da nova lei de caza de Galicia foi un deles, momento iste no que os representantes da FGC poñían en coñecemento da Directora e Subdirectora a necesidade dunha regulamentación axeitada desta Lei.

No transcurso do ano a FGC seguirá mantendo diferentes reunións con esta Dirección Xeral para o bo funcionamento e desenrolo da actividade cinexética.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.