Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XUNTANZA
As Federacións Deportivas Galegas manteñen a súa oposición á licenza federativa única
4/2/2014

Unha comisión da FGC, composta polo Vicesecretario José Manuel Vidal, e pola Asesora Xurídica, María Teresa González, xunto cos representantes doutras federacións deportivas galegas, asistían o pasado venres a unha xuntanza convocados polo PSG-PSOE, na que participaban, ademais do Responsable de deportes, Aitor Bouza, o Deputado no Congreso, Guillermo Meijón, e a Deputada Autonómica, Mari Carmen Acuña; a reunión tiña por obxecto coñece-la postura das federacións autonómicas respecto das reformas prevista na lexislación española sobre a licenza única e a Lei de Seguridade Cidadá.

Na xuntanza púxose de manifesto, unha vez máis, que as federacións deportivas galegas rexeitan unanimemente a modificación que pretende introduci-lo Goberno Central ao artigo 32.4 da Lei Nacional do Deporte, que baleiraría de competencias ás federacións deportivas autonómicas. As federacións galegas pediron que se manteñan a redacción do referido artigo tal e como está na actualidade ata que se modifique a Lei Nacional do Deporte - que ten case un cuarto de século-  para adaptala aos tempos actuais.

Á oposición emprendida polas federacións deportivas galegas viñeron a sumarse no último mes a práctica totalidade das federacións autonómicas das demais Comunidades Autónomas, e varias Federacións Españolas, que se reunirán o vindeiro sábado día 8 de febreiro, en Torrejón de Ardoz (Madrid), á que está prevista a asistencia do Presidente da FGC, Javier Nogueira, e na que os representantes do deporte autonómico e nacional presentarán unha proposta consensuada rexeitando así a modificación introducida polo Goberno Central.

Imaxe: PSdG - PSOE

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas

INICIO CURSOS FORMACIÓN
08/10/2024
Máis de 200 alumnos cazadores participan nos Cursos de Formación 2024

CURSOS FORMACIÓN FGC
04/09/2024
Actívase a Escola de Caza para a Formación e Seguridade do cazador

CAZA SOLIDARIA
05/07/2024
Carne de caza solidaria


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza