Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA GASTRONÓMICA
Máis de 2.500 persoas probaron os manxares da caza na I Feira Gastronómica de Caza de Nigrán
25/2/2014

A I FEIRA GASTRONÓMICA DE CAZA realizada en Praia América, en Nigrán (Pontevedra), os días 15 e 16 de febreiro, contou na súa apertura coa presenza do alcalde do Concello de Nigrán, D. Alberto Valverde, o Presidente da Federación Galega de Caza, D. Javier Nogueira, o da Federación Galega de Caza en Pontevedra, D. Francisco Couselo e como representante da organización da feira D. Juan Martínez. Os que tras dar os seus discursos deron a feira por inaugurada.

Tanto o sábado como o domingo houbo exhibicións nos exteriores de Cans de Parada e Tiro con arco o primeiro día, e de Agility e Cetrería no segundo, no que, grazas á pequena tregua que deu o mal tempo o domingo, contouse cun número maior de asistentes.

Ademais, dentro da carpa púidose gozar de postos dedicados ó mundo da caza, no que a Federación Galega de Caza estivo presente. Contouse tamén con postos gastronómicos, con degustación de corzo e xabaril; que os alí presentes puideron comer nas propias instalacións existentes ou ben levalos nuns tuppers para os seus domicilios, o que facilitou que todo o que quixera puidera saborear ese delicioso manxar. Tamén se contaba cuns inchables pensados para os máis pequenos.

No acto de clausura, ao que asistiu o Presidente da Federación Galega de Caza de Pontevedra, fíxoselle unha homenaxe aos cazadores Dna. Mª Carmen Iglesias, D. David Andrew e D. Victor Villar, pola súa gran traxectoria como participantes de Cans de Parada e San Huberto, nas que acadaron grandes postos nas competicións ás que asistiron.

Como despedida, o Presidente da FGC en Pontevedra, Francisco Couselo, quixo agradecer á organización do evento por contar coa Federación, darlle a noraboa polas 2500 racións de comidas vendidas e sobre todo animalos a que sigan con esta gran iniciativa nos vindeiros anos, xa que a continuidade deste tipo de eventos é esencial.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS DE CAZA EN LALÍN
17/06/2019
II Exposición de Cans de Caza de Lalín

XORNADA SOLIDARIA
03/06/2019
A caza estará presente no 5º Día do Deporte Solidario de Área Central

EN SILLEDA
29/05/2019
A feira de caza, pesca e natureza Fecap Abanca multiplica actividades na súa sexta edición

CRÍA E COIDADOS DO CAN DE CAZA
16/03/2019
Presentación da biblioteca cinexética de Mutuasport


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza